Actividade
Dende pequeno sempre estiven moi interesado na manufacturación de produtos artesanáis. Empecei co coiro por ser un material accesíbel e que apenas necesita ferramentas para poder traballalo. Xa de maior decidín dar un paso máis e estudiéi Xoiería Artística na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela.
Tras o meu paso pola Escola comecéi a mesturar materiáis inertes con materias vivas, dándolle alma de pedras preciosas as madeiras dos nosos árbores.
A inspiración para a recuperación de louzas rotas chegou as miñas máns, máis ben esbarou, cando fregando a louza da casa rompeume uns dos dous pratos que quedaban da familia e sentín a necesidade de conservar un anaco de ese prato facendo o que mellor sei, unha xoia.
Despóis de moita indagación, xogando e probando con diferentes materiáis (azulexos, porcelana, louza fina, ...) acadei un resultado óptimo conseguindo así o xeito de recuperar esa louza que xa non vale para o fín para o que foi creada. Así creo unha peza única e exclusiva dándolle unha nova oportunidade a esas louzas vellas e rotas.
Existe no Xapón unha técnica milenaria que consiste en volver a unir pezas de louza rotas por medio dunha resina con ouro en pó. Esta técnica recibe o nome de kitsugi, carpintería do ouro na lingua nipoa. Foi unha grata sorpresa atopar esta técnica, xa que leva consigo a mesma filosofía que o meu obradoiro.
Para intentar facer un bo traballo como artesán hai que ter, sobor de todo, unha sensibilidade especial cara o produto final, así como o xeito de traballar as materias primas, poñendo moito agarimo e toda a enerxía en conseguir unha peza única que reflicta o xeito no que un sinte a arte e a cultura do país, e mostrando ó mundo unha forma pouco usual de facer as cousas.